lunes, 1 de junio de 2015
Resumen de A banda sen futuro
A novela coa que a autora gañou este premio literario titúlase A banda sen futuro, que é
como se chamaba tamén o primeiro grupo
musical que formou Ignacio Gasca, Poch, que despois de pasar por Pegamoides e
Ejecutivos agresivos e de colaborar con Pedro
Almodóvar en Laberinto de pasiones, formaría Derribos Arias, o grupo co que nos oitenta
acadaría os seus mellores éxitos dentro da
música pop española. Este músico, morto prematuramente, será un elemento de grande
importancia na narración que nos ofrece
Marilar. A novela iníciase coa conxunción de dous acontecementos que Carlota, a
protagonista, tomará coma a maior das desgracias.
Terá que comezar as clases nunha situación que lle fai máis duro este momento, porque
haberá de ir coa cabeza rapada -depilada-
por mor dunha enfermidade, e Poch morre como consecuencia da enfermidade de
Huntington. O emparellamento dos dous sucesos
dá lugar a unha continua dialéctica na que Carlota increpa, máis que dialoga, ao retrato de
Poch que ten na parede do seu cuarto.
Neses intercambios é onde se atopa o verdadeiro cerne desta novela, pois Poch será quen
lle vaia proporcionando a Carlota as
claves polas que concluír as súas reflexións. O músico non fai un papel dun Pepito Grilo
que lle vai indicando o errado das súas
actuacións, senón que é o camiño que leva a Carlota cara a si mesma, que é o lugar onde
están a maioría das respostas para as
preguntas que se plantea. Pero Carlota non pode, aínda que ben querería, pasar a vida
enteira encerrada no seu cuarto a dialogar co
retrato do cantante, haberá de ir ao instituto, que equivale a se introducir nunha selva na
que en cada recanto agarda un perigo.
Perigos que a rapaza coñece e mesmo se plantea con claridade antes de que acontezan.
Despois sucederán ou non, pero ela xa os
puido interiorizar. Mais nesa selva é onde está a súa vida, e non agachada no cuarto.
Deberá, pois, aceptar a súa cualidade de ser en
relación, o alto prezo que a todos se nos cobrou por medrarmos e facérmonos adultos Os
compañeiros e compañeiras do instituto,
adolescentes tamén, forman un nicho ecolóxico no que Carlota haberá de vivir nese
conflicto inevitable cando se procura a harmonía.
Alí hai conxéneres, pero tamén depredadores, coma en toda selva. Pola novela vai pasar a
música, magnificamente integrada -
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario