viernes, 5 de junio de 2015

O RALLY

O día 29 de mayo, celebrouse o Rally Rias Baixas; que saía desde o Ifebi coa conta atrás, pasaba por Chenlo, seguido de Prado e remataba en Morgadáns. Eran dous tramos, de setenta e un coches diferentes. Entre os setenta e un coches cinco eran mulleres. Tamen había sete Porches moi bonitos. En sí, había moitos tipos de coches Suzuki, Porche, Renault, Mitsubushi, Ford fiesta, Peugeot, Opel, Dacia Sandero, Toyota, un Abarth,e moitos máis coches.


Eu ofrecinme a axudarlle a unha amiga miña en unha carabana-bar poñendo bebidas de todo tipo, bocadillos...


Para dar comezo o rally, tiñan que pasar os coches de seguridade, para avisar de que as estradas estaban todas pechadas.

A continuación, uns vinte minutos despois, pasa outro coche de seguridade para que non haxa ninguén sobre a estrada, despois del xa pasaban os coches cero cero cero e por último o cero, que era o máis bonito de todos, ese si que era en comparación a outros o millor feito no rally, polo menos o que máis me gustaba a min.
 Ese era o comezo do primeiro tramo. Facían o mesmo co segundo tramo. Ó rematar pasaba outro coche máis de seguridade para que a xente soubera que a estrada xa estaba aberta para os coches que querían saír.

Nun mintre deixaron de pasar coches, eran sobre as sete ou sete e dez cando comezaron a chegar rumores de que unha rapaza cun coche negro das que corrian estrelarase, por iso pararan os coches. Trinta minutos despois pasa unha ambulancia e detrás catro ou cinco coches sen protección ningunha, e iso que eran dos que tiñan que facer o tramo.


Ata que acabou o primeiro tramo con ese accidente non fixeron máis rally, só pasaron os coches sen correr.
Eu e a miña compañeira tiñamos unhas boas vistas: tres curvas, unha delas cerrada pero haberta con terra, na cal os coches de desviaban todos, menos os que máis control tiñan; un case sae da estrada pero controlou moi ben o coche e supo situarse na estrada moi rápido.

Tamén me chegaban moitos mensaxes de información de vilas e de chenlo, porque tiña amigos exparcidos por ese sitios. En vilas estaba miña nai, a miña veciña, a miá prima, unha amiga da miña hirman, e un rapaz que tiña que correr no rally pero non puido. En chenlo tamén tiña amigos, unha tía e un amigo que lle quitaba fotos nas curvas máis perigosas e cerradas.


Onde estabamos a miña compañeira e eu había un veciño de alí que estaba con nós, e intentaba adiviñar que coche era o que viña, e sempre acertaba.


En definitiva, a min gustoume moito porque me encantan pos coches e ver ata donde poden chegar en unha curva perigosa, tamén se enborcan ou non, se rompen, se saen da estrada, e o mellor e que vou con amigas, neste caso Miriam. Foi moi divertido, e repetiría mil e unha veces máis.









lunes, 1 de junio de 2015

Resumen de A banda sen futuro




A novela coa que a autora gañou este premio literario titúlase A banda sen futuro, que é 

como se chamaba tamén o primeiro grupo 

musical que formou Ignacio Gasca, Poch, que despois de pasar por Pegamoides e 

Ejecutivos agresivos e de colaborar con Pedro 

Almodóvar en Laberinto de pasiones, formaría Derribos Arias, o grupo co que nos oitenta 

acadaría os seus mellores éxitos dentro da 

música pop española. Este músico, morto prematuramente, será un elemento de grande 

importancia na narración que nos ofrece 

Marilar. A novela iníciase coa conxunción de dous acontecementos que Carlota, a 

protagonista, tomará coma a maior das desgracias.

Terá que comezar as clases nunha situación que lle fai máis duro este momento, porque 

haberá de ir coa cabeza rapada -depilada- 

por mor dunha enfermidade, e Poch morre como consecuencia da enfermidade de 

Huntington. O emparellamento dos dous sucesos 

dá lugar a unha continua dialéctica na que Carlota increpa, máis que dialoga, ao retrato de 

Poch que ten na parede do seu cuarto. 

Neses intercambios é onde se atopa o verdadeiro cerne desta novela, pois Poch será quen 

lle vaia proporcionando a Carlota as 

claves polas que concluír as súas reflexións. O músico non fai un papel dun Pepito Grilo 

que lle vai indicando o errado das súas 

actuacións, senón que é o camiño que leva a Carlota cara a si mesma, que é o lugar onde 

están a maioría das respostas para as 

preguntas que se plantea. Pero Carlota non pode, aínda que ben querería, pasar a vida 

enteira encerrada no seu cuarto a dialogar co 

retrato do cantante, haberá de ir ao instituto, que equivale a se introducir nunha selva na 

que en cada recanto agarda un perigo. 

Perigos que a rapaza coñece e mesmo se plantea con claridade antes de que acontezan. 

Despois sucederán ou non, pero ela xa os 

puido interiorizar. Mais nesa selva é onde está a súa vida, e non agachada no cuarto. 

Deberá, pois, aceptar a súa cualidade de ser en 

relación, o alto prezo que a todos se nos cobrou por medrarmos e facérmonos adultos Os 

compañeiros e compañeiras do instituto, 

adolescentes tamén, forman un nicho ecolóxico no que Carlota haberá de vivir nese 

conflicto inevitable cando se procura a harmonía. 

Alí hai conxéneres, pero tamén depredadores, coma en toda selva. Pola novela vai pasar a 

música, magnificamente integrada -